A miña paisaxe sonora

Que sons me rodean?

Que se oe desde a miña ventá? Que sons oio habitualmente no interior da miña casa?

Con esta tarefa imos realizar unha análise dos sons que nos rodean, os sons que forman parte da nosa vida cotiá en diferentes contextos como son a casa, o barrio, a rúa…

Tarefa

Ides realizar unha redacción o máis detallada posible na cal tedes que describir os sons habituais que vos rodean. Recoméndovos que dediquedes un tempo só a escoitar, saíde á ventá, ao balcón ou á porta e escoitade como soa a vosa contorna, sentádevos un intre na cociña á hora de comer ou cear para escoitar con atención todos os sons propios da vida cotiá, escoitade como cambian os sons segundo o momento do día e segundo o día da semana.


Completa a redacción con unha fotografía e unha gravación de 20 segundos dos sons que vos rodean.

Video creación

Cando reciba todas as vosas paisaxes sonoras elaborarei un video con todas elas para que podamos compartir as paisaxes sonoras dos vosos compañeir@s. Neste video non incluirei as vosas identidades para que podades, a modo de reto, adiviñar a súa procedencia…